Benvidos/as profe-lectores!!!!
Comezamos unha viaxe pola literatura galega nos recreos dos mércores, entre grolos de café e chocolatinas. A primeira parada deste traxecto é a nova obra de Begoña Caamaño, autora feminista polifacética, Morgana en Esmelle. Deixádenos as vosas sabias reflexións ou humildes comentarios e se hai algún parágrafo ou frase que vos pareza axeitado para compartir, xa sabedes...
2 comentarios:
Prosa fluída e engaiolante por momentos lírica que nos fai devecer por seguir lendo. Recupérase un Merlín máis histórico que literario, como argallador e conselleiro de reis, mais bótase en falta unha recuperación da figura de Morgana que segue a ser a ida e traida nas distintas variantes do mito celta.
Tamén faltan máis implicancións co libro de Merlín e familia de Cunqueiro de quen rescata a figura do mago e menciñeiro.
Coido que tamén é moi interesante
no libro a contraposición do
paganismo, os coñecementos d@s
druidas...fronte a chegada do
cristianismo, de difícil
asentamento nas rexións celtas
(suliñando o poder político que
representa a relixión). Recórdame
moito á fermosa lenda bretona da
catedral sumerxida de Ys, que
confronta paganismo-cristianismo
(fabuloso o preludio de piano de Debussy sobre a lenda).
Unha pasaxe do libro da que gostei
é cando Artur e Morgan saen a
cabalgar, onde a sexualidade
implícita no relato está ben
conseguida
Publicar un comentario