Un pracer continuar a boa relación do Club de Lectura de Adultos do noso centro co Ceip San Martiño de Pontevedra. Nesta ocasión viñeron visitarnos, e partillamos uns petiscos e a lectura común da Esmorga. O tempo pasounos voando e quedamos para outra!
Amosando publicacións coa etiqueta Profelectores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Profelectores b>. Amosar todas as publicacións
22/04/15
21/06/14
26/03/14
Ámote Leo. A lectura compartida por Porfelector@s e Club de Lectura de Bacharelato
Estamos a ler a triloxía de Rosa Aneiros con quen manteremos unha reunión moi ilusionante en Compostela o 4 de xuño. O primeiro libro gustou moito e provocou unhas gañas de viaxar a tod@s... Comentade que vos parecen os dous libros que estamos a ler...non contedes o final
Que lemos neste curso @s profelector@s!
Todos os mércores tecemos conversas no recreo entre cafés e biscoitos. Comezamos falando do libro e rematamos discutindo sobre películas, de política e das nosas vidas. Así somos @s profes que enredamos e enredamos...
Compis, deixade os vosos comentarios arredor desta novela!
23/10/13
26/06/13
03/12/12
Profelectores. Fillos do mar
Segunda proposta de lectura en Profelectores.Outra novidade da literatura galega, desta volta máis lixeira. Deixade os vosos comentarios!
24/10/12
Profelectores. Morgana en Esmelle
Benvidos/as profe-lectores!!!!
Comezamos unha viaxe pola literatura galega nos recreos dos mércores, entre grolos de café e chocolatinas. A primeira parada deste traxecto é a nova obra de Begoña Caamaño, autora feminista polifacética, Morgana en Esmelle. Deixádenos as vosas sabias reflexións ou humildes comentarios e se hai algún parágrafo ou frase que vos pareza axeitado para compartir, xa sabedes...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



