21/10/15
28/06/15
07/06/15
Pinto D´Herbón no Aquis. 15/05/15
O padronés, Pinto d´Herbón, fixo unha verdadeira exhibición da arte da
regueifa diante do alumnado de Segundo e Terceiro da ESO. E logo un
pequeno obradoiro para espertar o interese pola rima e polo sarcasmo.
Festa da Lingua. 8 de maio
No Auditorio da Azucreira de
Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a
nosa lingua. Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra
“cincocentas” escollidos polo escritor Carlos Negro como os mellores de
todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”.
Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no
concurso de cancións en galego “Sondoumia” e puxéronllo moi difícil a
García Mc (Dios Ke Te Crew) para escoller os traballos gañadores. Pero,
como el dixo parafraseando a Galeano, “todos xogamos, todos o pasamos
ben”. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2015″, premio á implicación no
uso do galego no sector sanitario, á “Botica Casal” de Moraña.
U.B.I. Biblioteca. 23 de abril
Unha maneira diferente de celebrar o Día do Libro, tesoiras e cinta e forro e boas mans para facer curas nas bibliotecas de
aula de todos os cursos da ESO. Primeiros auxilios para algún exemplar
moribundo e unha longa e nada doada operación cirúrxica a libro aberto.
22/04/15
Encontro-Esmorga co Ceip San Martiño 26--02-2015
Un pracer continuar a boa relación do Club de Lectura de Adultos do noso centro co Ceip San Martiño de Pontevedra. Nesta ocasión viñeron visitarnos, e partillamos uns petiscos e a lectura común da Esmorga. O tempo pasounos voando e quedamos para outra!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)