28/06/16

Hoxe foi un gran día para a nosa Regina!

Regina Touceda, alumna de 1º de Bacharelato, estivo hoxe en Padrón, xunto con outros e outras escolares, recollendo o seu merecidísimo premio do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro polo seu poema “Entre tempos”. Por desgraza non podemos compartir con vós o poema porque non temos moi claro se os dereitos están reservados á Fundación Rosalía de Castro, que publicará, como en anos anteriores, un libro no que se recollerán os traballos premiados. O que si podemos compartir son as fotos do acto…

Maio das letras

O pasado día 24 de maio celebramos no Aquis o “Maio das letras” cun recital-concerto que foi un éxito total!

Compartimos con vós un vídeo que recolle unha parte desta festa do galego

 

RECITAN Serxio Abalo, Fátima Barros e Lucía Razzouki, Pedro Lamas e Lois Gil. CABINA 402 Miguel Froján (guitarra e voz) Mateo Laya (baixo) Miguel Romero (guitarra solista) Anxo Xesteira (batería) Pablo Rodríguez (violín) REPERTORIO A chaqueta de lana Heredeiros da Crus. Heroes da resistencia Nao. Non é ficción Pauliña. Mil berros Daquidarría. Miña terra Siniestro Total. Zulema Anxo Xesteira. Camiños Pauliña. Acción galega Popular. Non todo é o que parece Xabarín Club. Xamón Xabarín Club. Eu quero josar Heredeiros da Crus.

Recitando a Manuel María polas rúas de Caldas. 27 de maio

O venres pasado parte do alumnado do Club de Lectura e EDLG saíu á rúa a recitar e agasallar poemas de Manuel María. Visitaron a Biblioteca Municipal, a praza de abastos, o albergue de peregrinos, o centro médico, o xulgado e distintos establecementos da vila. Foi unha fermosa experiencia!
 DSC_0529-COLLAGE

Presentación de "Fontán" de Marcos Calveiro.17 abril

 PRESENTACIÓN DO LIBRO “FONTÁN” DE MARCOS CALVEIRO
O pasado martes o alumnado de 3º ESO asistiu á presentación do libro “Fontán” de Marcos Calveiro.
“Esta obra recrea parte da vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán, elaborador do primeiro mapa científico de Galicia, considerada unha das mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado pola cartografía inglesa e francesa que as facían como empresas de estado, mentres a medición galega foi feita polo mestre de Portas  durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea de servir como base para a mellora viaria e económica galega.”
Podes ler o artigo completo premendo na seguinte imaxe que liga co blog do EDLG do CPI Domingo Fontán de Portas