13/11/14

Club 2º ESO 2014-2015

Sofía, Alberto, Paula,Sandra,Edurado, Paula,Diana... as profas: Selena,Lali,Marga, sede benvid@s a este club de 2º que afondará en lecturas, filmes,...arredor das cruentas guerras. Entre tod@s procuraremos atopar unha raiola de humanidade, amor máis alá das trincheiras. Velaí  Maus; Nomades; Persépole; A teima de Xan; A sombra descalza; Silencio no corazón...e tantas outras

12/11/14

Club 1º ESO 2014-2015

Comezamos o Club de Lectura de 1º de ESO, desbordados por 17 alumnos e alumnas con gañas de devorar libros, máis da metade do alumnado de 1º partillará todos os mércores arredor das lecturas: Lúa do Senegal; Escarlatina, a cociñeira defunta.... Benvid@s: Johnatan, Yeray, Alberto, Juan, Pablo, Alex, Zoe, Ángela, Lucía, Amina, Valeria, Antía, Daniel, Pablo, José Javier, Miguel Ángel e Jorge



21/06/14

Viaxe a Guimaraes. 20 e 21 de xuño de 2014 co Club de Lectura do IES de Porto do Son. Aquí nasceu a viaxe con este poema colectivo



desde as escuras xanelas espreita a noite
escalar xuntos chanzos de madeira, apalpar as pedras do castelo e acariñar con mans de cristal
estando aquí en Guimaraes non nos fai falta nada máis
sons para perseguir a vida
ollos fixos no firmamento, e as estrelas da cor do vento.
a vida sen amor é tortura
cando vexo que te vas
imos a Portugal con tempo primaveral
todo é musica
o rock como forma de vida
vimos de Galicia a ver Guimaraes
estamos en Portugal pasándoo xenial
fomos a Guimaraes e temos moita diversión
o ceo é azul e a herba é verde
amarte é como unha tortura medieval
cando leo sinto que podo voar
as pegadas que deixo esvaécense ao ritmo dos teus pasos
non te podes render, tes que seguir
poderá non haber poetas, pero sempre haberá poesía
como a paisaxe tamén é poesía e non se  nos ocorre que escribir,
simplemente vos diremos que miredes ao voso arredor, observedes as árbores,
sintades o vento e creedes os vosos propios versos

Encontro-merenda o 17 de xuño dos Profelectores arredor da obra: O Club da Calceta co Club de adultos do CEIP San Martiño

4 de xuño de 2014. O Club en Compostela

05/06/14

4 de xuño. Xornada memorable en Compostela cos Clubs de Lectura

Foi unha gran xornada. Comezamos a mañá visitando a Biblioteca Ánxel Casal. Logo atravesamos media cidade para disfrutar das explicacións do dono da tenda Komic (mercamos uns poucos). Tras xantar na zona vella fixemos un divertido xogo de pistas literario. Xa pola tarde tivemos o privilexio de asistir á presentación en exclusiva para o Club do terceiro libro da triloxía Ámote Leo A. De Rosa Aneiros, que foi moi amable e agarimosa con todas as rapazas do club!