20/12/12
16/12/12
11/12/12
Relato de creación de Laura (membro do club), ilustra: Yago López
Pes
descalzos
É curioso ver como o
sangue comeza a coagularse só minutos despois de que se produza a
ferida, eu observaba, curiosa. Gustábame a sensación de poder, ser
ti a que elixe se alguén se vai ou queda… En ocasións bótoo de
menos.
Era o meu décimoquinto
aniversario, a miña mellor amiga elixira unha presa para ir cazar,
unha presa perfecta para min. Escondémonos tras dos arbustos e
agardamos a hora.
-Non teñas piedade-
recordoume Marga-, a piedade é dos débiles.
O meu agasallo de
aniversario chegou, mirando ao chan e aos lados, expectante.
Agardamos o intre xusto. Marga asubiou, as dúas nos erguemos, saímos
de entre as follas e ela deu o seu particular berro de guerra, “Que
comece a caza!”. A miña presa pronto se asustou, nós saímos tras
dela. Perseguímola por todo o monte, ebrias de adrenalina e ansia.
Ao pouco, a pobre arfaba de cansazo e terror. Rozáraa cun dos meus
disparos no ventre e ía deixando pegadas de sangue a cada pequeno
paso que daba. A miña vítima perdía forza a cada segundo. Xa non
podía máis, caeu no chan, co ollar perdido.
Quitei os zapatos para
rematala, esa era a miña tradición. Só utilicei unha bala máis,
que foi directa ao seu precioso cranio, entre os seus dous ollos,
desfigurándoa completamente.
“Pobre Clara”, pensei
por un momento, observándoa mentres Marga a envolvía en papel de
agasallo para min.
Nese mesmo intre, un
pequeno río de sangue, cálido e húmidon alcanzou os meus pes
descalzos.
Laura Casal Tizado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)