Amosando publicacións coa etiqueta recomendacions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacions. Amosar todas as publicacións

28/06/16

Presentación de "Fontán" de Marcos Calveiro.17 abril

 PRESENTACIÓN DO LIBRO “FONTÁN” DE MARCOS CALVEIRO
O pasado martes o alumnado de 3º ESO asistiu á presentación do libro “Fontán” de Marcos Calveiro.
“Esta obra recrea parte da vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán, elaborador do primeiro mapa científico de Galicia, considerada unha das mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado pola cartografía inglesa e francesa que as facían como empresas de estado, mentres a medición galega foi feita polo mestre de Portas  durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea de servir como base para a mellora viaria e económica galega.”
Podes ler o artigo completo premendo na seguinte imaxe que liga co blog do EDLG do CPI Domingo Fontán de Portas

 

24/04/16

Alumnas do club falando de libros na radio. Día do libro 2016. Biblioteca Municipal








Enara, Isabel, Lía e Ana acudiron á Biblioteca Municipal a falar de libros (Vidas post-it;Penúltimas tendencias; Escarlatina, a cociñeira defunta; A miña planta de laranxa lima)
Ana recomendou a lectura do libro A miña planta de laranxa lima, aínda que sexa “un libro moi triste”. Lía falou de Escarlatina, a cociñeira defunta, un libro que xa vai pola súa sétima edición e que levou unha chea de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015. Isabel explicou como algúns dos poemas de Penúltimas tendencias  conectaron cos seus sentimentos dun xeito moi especial e, para rematar, Enara comentou que Vidas post-it supuxo para ela unha lectura interesante pero sinte que terá que relela no futuro para atoparlle “todo o sentido” aos relatos que configuran esta obra.

 DSC_0273DSC_0321DSC_0287DSC_0324

27/03/14

A evolución de Calpurnia Tate! Club de Lectura de 2º ESO

Como está a evolucionar o Club de Lectura de 1º e 2º de ESO que nos xuntamos nos recreos dos martes! Rapazas, profes comentade arredor desta novela que ós poucos vai tirando de nós

26/03/14

Ámote Leo. A lectura compartida por Porfelector@s e Club de Lectura de Bacharelato

Estamos a ler a triloxía de Rosa Aneiros con quen manteremos unha reunión moi ilusionante en Compostela o 4 de xuño. O primeiro libro gustou moito e provocou unhas gañas de viaxar a tod@s... Comentade que vos parecen os dous libros que estamos a ler...non contedes o final

Que lemos neste curso @s profelector@s!

Todos os mércores tecemos conversas no recreo entre cafés e biscoitos. Comezamos falando do libro e rematamos discutindo sobre películas, de política e das nosas vidas. Así somos @s profes que enredamos e enredamos...
Compis, deixade os vosos comentarios arredor desta novela!

11/12/12

Relato de creación de Laura (membro do club), ilustra: Yago López


Pes descalzos
É curioso ver como o sangue comeza a coagularse só minutos despois de que se produza a ferida, eu observaba, curiosa. Gustábame a sensación de poder, ser ti a que elixe se alguén se vai ou queda… En ocasións bótoo de menos.
Era o meu décimoquinto aniversario, a miña mellor amiga elixira unha presa para ir cazar, unha presa perfecta para min. Escondémonos tras dos arbustos e agardamos a hora.
-Non teñas piedade- recordoume Marga-, a piedade é dos débiles.
O meu agasallo de aniversario chegou, mirando ao chan e aos lados, expectante. Agardamos o intre xusto. Marga asubiou, as dúas nos erguemos, saímos de entre as follas e ela deu o seu particular berro de guerra, “Que comece a caza!”. A miña presa pronto se asustou, nós saímos tras dela. Perseguímola por todo o monte, ebrias de adrenalina e ansia. Ao pouco, a pobre arfaba de cansazo e terror. Rozáraa cun dos meus disparos no ventre e ía deixando pegadas de sangue a cada pequeno paso que daba. A miña vítima perdía forza a cada segundo. Xa non podía máis, caeu no chan, co ollar perdido.
Quitei os zapatos para rematala, esa era a miña tradición. Só utilicei unha bala máis, que foi directa ao seu precioso cranio, entre os seus dous ollos, desfigurándoa completamente.
“Pobre Clara”, pensei por un momento, observándoa mentres Marga a envolvía en papel de agasallo para min.
Nese mesmo intre, un pequeno río de sangue, cálido e húmidon alcanzou os meus pes descalzos.
Laura Casal Tizado