04/06/14
Maio das letras
DATA
|
NIVEL
|
ARTISTA CONVIDADO/A
|
martes, 6 de maio
de 16:30 a 18:00
|
1º e 2º ESO
|
Ceslo Fernández Sanmartín (poesía e tradición oral popular)
|
Xoves, 15 de maio
De 12:50 a 14:30
|
3º e 4º da ESO
|
David Amor (ex xogador de balonmán)
|
Venres, 16 de maio
De 12:50 a 14:30
|
3º e 4º ESO
|
Carlo Negro (polipoesía)
|
Martes , 20 de maio
de 16:30 a 18:00
|
1º Bach A-E
|
Jesús Blanco Villar (ex ciclista profesional e entrenador en activo)
|
Venres, 23 de maio
De 12:50 a 14:30
|
1º BAC CIENCIAS A-B-C
|
Samuel París (polipoesía)
|
Venres, 30 de maio
De 12:50 a 14:30
|
1º BAC. HUMANIDADES D-E
|
María Lado e Lucía Aldao (polipoesía)
|
05/05/14
Día do Libro. 23 de abril de 2014. Instalación, marcapáxinas e programa de radio
Este ano celebramos o Día do libro cunha bonita exposición da colección de marcapáxinas da profesora Teresa Carballo, tamén Lois realizou unha instalación na entrada do centro. Pola tarde alumnas dos Clubs de Lectura e o coordinador participaron nun programa especial de RadioCaldas na Biblioteca Municipal arredor dos libros. As alumnas estiveron brillantes nas súas recomendacións de Agustín fernández Paz; Jacqueline Kelly; Boris Vian; Miguelanxo Prado... Parabéns!
27/03/14
A evolución de Calpurnia Tate! Club de Lectura de 2º ESO
Como está a evolucionar o Club de Lectura de 1º e 2º de ESO que nos xuntamos nos recreos dos martes! Rapazas, profes comentade arredor desta novela que ós poucos vai tirando de nós
26/03/14
Ámote Leo. A lectura compartida por Porfelector@s e Club de Lectura de Bacharelato
Estamos a ler a triloxía de Rosa Aneiros con quen manteremos unha reunión moi ilusionante en Compostela o 4 de xuño. O primeiro libro gustou moito e provocou unhas gañas de viaxar a tod@s... Comentade que vos parecen os dous libros que estamos a ler...non contedes o final
Que lemos neste curso @s profelector@s!
Todos os mércores tecemos conversas no recreo entre cafés e biscoitos. Comezamos falando do libro e rematamos discutindo sobre películas, de política e das nosas vidas. Así somos @s profes que enredamos e enredamos...
Compis, deixade os vosos comentarios arredor desta novela!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)