27/03/14

A evolución de Calpurnia Tate! Club de Lectura de 2º ESO

Como está a evolucionar o Club de Lectura de 1º e 2º de ESO que nos xuntamos nos recreos dos martes! Rapazas, profes comentade arredor desta novela que ós poucos vai tirando de nós

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola son Leticia gústame moito este libro e sobre todo a actitude do avó,xa que ten moi boa relación con Calpurnia debido a época, o normal sería que lle tivese tanto respeto que nin lle falara. Ademais o avó mola, a nai é moi seria e Harry é moi divertido. Cóstame un pouco ler este libro porque ten unha letra moi pequena e moitas páxina jajajaja. :D

Anónimo dixo...

Ola a tod@s!
Son Cristina e a verdade é que este libro gustoume dende o principio.
O que máis me gustou do libro é que transmite a mensaxe de que o cambio é posible, aínda que sexa con moito esforzo e traballo.
Calpurnia atópase nun mundo que está a evolucionar e ela tamén quere cambiar: non lle gusta o que se espera dela, quere facer algo diferente, quere ser científica, como o seu avó, e non se rinde. Ao final, cando cambia o século, Calpurnia sente que é a oportunidade de facer algo diferente e penso que esta é unha mensaxe moi positiva para todos: SEMPRE PODEMOS CAMBIAR, e a nosa vida será o que nos queramos que sexa.

Blanca dixo...

Ola a todos/as!

O meu nome é Blanca e vou a recomendar o libro de ''A Evolución de Calpurnia Tate''.

Ao comezo o libro pode resultar ''difícil de ler'', pero non porque non se entenda, porque os sucesos concéntranse sempre nunha mesma liña, é dicir, non ocorren accións que dun xeito ''enganchen'' ao lector/a.

A vida de Calpurnia, sen meternos en temas económicos, non é fácil. Ninguén entende a súa mensaxe, a súa forma de ver as cousas. Semella que, como todas as rapazas, está destinada a saber coser, cociñar e tocar o piano para nun futuro, ser unha boa ama de casa, nai e muller. Mais os desexos desta rapaza de 12 anos, non son como todo o mundo ve as cousas en 1899, ela inclínase pola banda da ciencia, axudada do seu querido avó.
Resumindo nunha oración:''Calpurnia é unha rapaza avanzada para esa época''.

Recomendar este libro a todos os lectores/as de todos os públicos, ou incluso a aqueles que aínda non se consideran lectores/as, pero que comezan a iniciarse no mundo das letras. Un mundo amplo e cheo de sorpresas.
Aínda que no comezo lle coste ver (a algunhas persoas) a beleza do libro, se es un bo lector/a debes acabar esa aventura que te dispuxeches a vivir e sentir dese xeito a maxia deste libro.

Un saúdo.

Pedro dixo...

Grazas por aportar tanto nestes comentarios como nas reunións do Club. Cristina, botarémoste de menos o curso que ven. Blanca, disfruta de boas lecturas e do verán. Ah, dicir que este libro gustoume moito, xa dende que vin a portada ata as últimas liñas.