Foi unha
gran xornada. Comezamos a mañá visitando a Biblioteca Ánxel Casal. Logo
atravesamos media cidade para disfrutar das explicacións do dono da
tenda Komic (mercamos uns poucos). Tras xantar na zona vella fixemos un
divertido xogo de pistas literario. Xa pola tarde tivemos o privilexio
de asistir á presentación en exclusiva para o Club do
terceiro libro da triloxía Ámote Leo A. De Rosa Aneiros, que foi moi
amable e agarimosa con todas as rapazas do club!