29/11/16
28/06/16
Hoxe foi un gran día para a nosa Regina!
Regina Touceda, alumna de 1º de Bacharelato, estivo hoxe en Padrón, xunto con outros e outras escolares, recollendo o seu merecidísimo premio do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro polo seu poema “Entre tempos”.
Por desgraza non podemos compartir con vós o poema porque non temos moi claro se os dereitos están reservados á Fundación Rosalía de Castro, que publicará, como en anos anteriores, un libro no que se recollerán os traballos premiados.
O que si podemos compartir son as fotos do acto…

Maio das letras
O pasado día 24 de maio celebramos no Aquis o “Maio das letras” cun recital-concerto que foi un éxito total!
Compartimos con vós un vídeo que recolle unha parte desta festa do galego
RECITAN Serxio Abalo, Fátima Barros e Lucía Razzouki, Pedro Lamas e Lois Gil. CABINA 402 Miguel Froján (guitarra e voz) Mateo Laya (baixo) Miguel Romero (guitarra solista) Anxo Xesteira (batería) Pablo Rodríguez (violín) REPERTORIO A chaqueta de lana Heredeiros da Crus. Heroes da resistencia Nao. Non é ficción Pauliña. Mil berros Daquidarría. Miña terra Siniestro Total. Zulema Anxo Xesteira. Camiños Pauliña. Acción galega Popular. Non todo é o que parece Xabarín Club. Xamón Xabarín Club. Eu quero josar Heredeiros da Crus.
Recitando a Manuel María polas rúas de Caldas. 27 de maio
O venres pasado parte do alumnado do Club de Lectura e EDLG saíu á rúa a recitar e
agasallar poemas de Manuel María. Visitaron a Biblioteca Municipal, a
praza de abastos, o albergue de peregrinos, o centro médico, o xulgado e
distintos establecementos da vila. Foi unha fermosa experiencia!

Presentación de "Fontán" de Marcos Calveiro.17 abril
PRESENTACIÓN DO LIBRO “FONTÁN” DE MARCOS CALVEIRO
O pasado martes o alumnado de 3º ESO asistiu á presentación do libro “Fontán” de Marcos Calveiro.
“Esta obra recrea parte da vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán, elaborador do primeiro mapa científico de Galicia, considerada
unha das mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado
pola cartografía inglesa e francesa que as facían como empresas de
estado, mentres a medición galega foi feita polo mestre de Portas
durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea
de servir como base para a mellora viaria e económica galega.”
Podes ler o artigo completo premendo na seguinte imaxe que liga co blog do EDLG do CPI Domingo Fontán de Portas

24/04/16
Alumnas do club falando de libros na radio. Día do libro 2016. Biblioteca Municipal
Enara, Isabel, Lía e Ana acudiron á Biblioteca Municipal a falar de libros (Vidas post-it;Penúltimas tendencias; Escarlatina, a cociñeira defunta; A miña planta de laranxa lima)
Ana recomendou a lectura do libro A miña planta de laranxa lima, aínda que sexa “un libro moi triste”. Lía falou de Escarlatina, a cociñeira defunta,
un libro que xa vai pola súa sétima edición e que levou unha chea de
premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015.
Isabel explicou como algúns dos poemas de Penúltimas tendencias conectaron cos seus sentimentos dun xeito moi especial e, para rematar, Enara comentou que Vidas post-it supuxo
para ela unha lectura interesante pero sinte que terá que relela no
futuro para atoparlle “todo o sentido” aos relatos que configuran esta
obra.




14/04/16
Viaxe a Coimbra Club de Lectura e ENDLG co Club de Lectura de Porto do Son 7-9 Abril 2016


25/02/16
04/02/16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)