24/04/16

Alumnas do club falando de libros na radio. Día do libro 2016. Biblioteca Municipal








Enara, Isabel, Lía e Ana acudiron á Biblioteca Municipal a falar de libros (Vidas post-it;Penúltimas tendencias; Escarlatina, a cociñeira defunta; A miña planta de laranxa lima)
Ana recomendou a lectura do libro A miña planta de laranxa lima, aínda que sexa “un libro moi triste”. Lía falou de Escarlatina, a cociñeira defunta, un libro que xa vai pola súa sétima edición e que levou unha chea de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015. Isabel explicou como algúns dos poemas de Penúltimas tendencias  conectaron cos seus sentimentos dun xeito moi especial e, para rematar, Enara comentou que Vidas post-it supuxo para ela unha lectura interesante pero sinte que terá que relela no futuro para atoparlle “todo o sentido” aos relatos que configuran esta obra.

 DSC_0273DSC_0321DSC_0287DSC_0324

14/04/16

Viaxe a Coimbra Club de Lectura e ENDLG co Club de Lectura de Porto do Son 7-9 Abril 2016

Compartivos con vós o fantástico resumo da viaxe que publicou Sonia no blog da Biblioteca do IES do Porto do Son “etikeles“: “Atrás as boas lembranzas de Viana do Castelo, Porto e Guimarães. Un ano máis compartimos roteiros, lecturas, visitas guiadas e festa cos mozos e mozas do Aquis Celenis de Caldas de Reis, coas súas profesoras Marga e Ana. Por suposto, botamos en falta a Pedro, pero contamos con el para o ano que vén! De camiño, en Braga, procuramos fachadas románicas e manuelinas, esferas armilares, ruínas romanas, xardíns con arcadas góticas, violas, mercearías, a fermosa libraría Centésima Página -recomendámovos parar a tomar algo na súa terraza- e, por suposto, a Biblioteca Municipal. Pola tarde recibiunos o Mondego. Percorremos as rúas procurando fados, guitarras, as lágrimas de Inés de Castro na Quinta dos seus amores con Don Pedro, a Zeca Afonso ao pé da Sé Velha e o seu Grândola Vila Morena que nos cantaron ás profes no café que mira á igreja de Santa Cruz. Algo de festa á noitiña, pero pouca, porque á mañá seguinte volvemos camiñar pola cidade. Baixo a atenta mirada de Don Dinis, Paulo e Branca, guías da Cámara Municipal, descubríronnos recunchos, tradicións e monumentos. Ben simpáticos, sempre tan amables os nosos veciños, contáronnos das tradicións da Universidade de Coimbra: a Festa das Latas a comezo de curso para dar a “benvida” aos caloiros; o sentimento de identidade que aporta o traxe dos estudantes, as estritas normas do seu uso -mesmo os castigos polo incumprimento- e os amores e desamores das longas capas; a vida dos estudantes nas “repúblicas”; os fados baixo as ventás das mozas; e a Queima das Fitas para pechar o ano curso. Un inesperado agasallo: na Casa dos Fados interpretaron para nós o Fado de Coimbra. Pola tarde, Cristina recibiunos no Paço das Escolas para visitar a Universidade no que fora Paço Real. Sorprendeunos coa beleza da Biblioteca Joanina e as salas, en especial, a Sala dos Capelos. Dende a torre, a cabra había soar dende a torre do reloxo para chamar ás aulas, mais a nós, permitiunos disfrutar unha vista privilexiada sobre a cidade. Para rematar, un novo xogo preguntando pola música, os libros, as películas, o bacallao e as palabras femosas! Pronto vos contaremos delas. Na noite de despedida si houbo festa! O sábado, xa de volta, ameazaba a chuvia, pero deixounos aínda pasear por Aveiro. Quen sabe se este non será o novo destino para o vindeiro ano!!!” aveiro Como en Aveiro chovía, a fotógrafa “oficial” non levou a cámara. Deixamos de mostra esta fermosa foto que nos enviou Katia Baldomero.