28/06/13

Antía, 6 anos no Club de Lectura!

Deixanos Antía membro do club de Lectura (tamén do grupo de teatro, dinamización...) dende os seus inicios. Nese tempo, ademais de ler, contou contos a maiores e pequenos, musicou poemas, fixo performances, dramatizacións, viaxou na compaña dos libros e foi alma do que somos. Sempre no corazón do que é o club ti és Caldas letras. Esta foi a súa reflexión desta última viaxe a Porto "Que dicir desta viaxe? pois que foi unha das máis completas que tiven. Coñecemos Porto, pero tamén fixemos novos amigos, vivimos novas experiencias xuntos. O que máis me gustou foi ver a librería na que se inspirou J.K. Rowling para a saga de Harry Potter. O peor, penso que foi o cansancio que fomos acumulando todos, xunto co feito de que no albergue foran demasiado sexistas"
Antía no centro da imaxe xunto co resto de membros do Club en Porto

26/06/13

21 e 22 de xuño. Viaxe conxunta a Porto do noso club e o de Porto do Son. Viaxe cultural e literaria inesquecible

O 30 de maio Riveiro Coello compartiu a tarde e os libros co club de "profelectores" e 2 alumnas do Club

De Visita Riveiro Coello. 30 de maio 2013

Agora é outro cantar.Letras galegas 2013. Traballo do ENDLG (con alumnado do Club) para homenaxear a Rosalía

Letras Galegas 2013. Póster homenaxe aos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Fotomontaxe con fotos do ENDLG e Club de Lectura

No mes de maio I Troco de Libros na Biblioteca 2 "peixeira"

23 de abril. Día do libro. Invitación a membros do noso Club (pais/nais e alumnos/as) ao programa de Radiocaldas arredor dos libros dende a Biblioteca Municipal

23 de abril. Día do libro. Festa no corredor do Aquis, Lecturas e dramatizacións en distintos idiomas e soportes,. Versos musicados e máis...

23 de abril. Día do libro. Agasallamos postais de Rosalía de Castro. Versos de Cantares Gallegos polo 150 aniversario da publicación dos mesmos o 17 de maio.


Día Internacional da poesía 21-3-2013. Agasallamos marca páxinas con palabras, palabras...