7/6/15

Festa da Lingua. 8 de maio

No Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “cincocentas” escollidos polo escritor Carlos Negro como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e  puxéronllo moi difícil a García Mc (Dios Ke Te Crew) para escoller os traballos gañadores. Pero, como el dixo parafraseando a Galeano, “todos xogamos, todos o pasamos ben”. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2015″, premio á implicación no uso do galego no sector sanitario, á “Botica Casal” de Moraña.



No hay comentarios: