21/6/14

Viaxe a Guimaraes. 20 e 21 de xuño de 2014 co Club de Lectura do IES de Porto do Son. Aquí nasceu a viaxe con este poema colectivo



desde as escuras xanelas espreita a noite
escalar xuntos chanzos de madeira, apalpar as pedras do castelo e acariñar con mans de cristal
estando aquí en Guimaraes non nos fai falta nada máis
sons para perseguir a vida
ollos fixos no firmamento, e as estrelas da cor do vento.
a vida sen amor é tortura
cando vexo que te vas
imos a Portugal con tempo primaveral
todo é musica
o rock como forma de vida
vimos de Galicia a ver Guimaraes
estamos en Portugal pasándoo xenial
fomos a Guimaraes e temos moita diversión
o ceo é azul e a herba é verde
amarte é como unha tortura medieval
cando leo sinto que podo voar
as pegadas que deixo esvaécense ao ritmo dos teus pasos
non te podes render, tes que seguir
poderá non haber poetas, pero sempre haberá poesía
como a paisaxe tamén é poesía e non se  nos ocorre que escribir,
simplemente vos diremos que miredes ao voso arredor, observedes as árbores,
sintades o vento e creedes os vosos propios versos

1 comentario:

Pedro dijo...

Artistas!!!!
iso feito por case 40 criaturiñas dende os 12 ós 18 anos. Foi para o xogo de presentación xunto ó Paço dos Duques de Braganza