28/06/13

Antía, 6 anos no Club de Lectura!

Deixanos Antía membro do club de Lectura (tamén do grupo de teatro, dinamización...) dende os seus inicios. Nese tempo, ademais de ler, contou contos a maiores e pequenos, musicou poemas, fixo performances, dramatizacións, viaxou na compaña dos libros e foi alma do que somos. Sempre no corazón do que é o club ti és Caldas letras. Esta foi a súa reflexión desta última viaxe a Porto "Que dicir desta viaxe? pois que foi unha das máis completas que tiven. Coñecemos Porto, pero tamén fixemos novos amigos, vivimos novas experiencias xuntos. O que máis me gustou foi ver a librería na que se inspirou J.K. Rowling para a saga de Harry Potter. O peor, penso que foi o cansancio que fomos acumulando todos, xunto co feito de que no albergue foran demasiado sexistas"
Antía no centro da imaxe xunto co resto de membros do Club en Porto

Ningún comentario: