20/12/10

RESISTENCIA DE ROSA ANEIROS


Aínda que xa foi publicado polo 2002 quixera recomendar este libro (sobre todo para 4º de ESO e Bacharelato.) Un ofrece unha primeira "resistencia" ás relacións azucre de Filipa e Dinís, pero pouco a pouco torna azucre marrón, escuro, profundo, paixón desgarrada pola que un sangra a historia de Portugal do último século. Se xa traspasado o ecuador do libro non és capaz de emocionarte, pensa que algo non palpita no teu interior. O mellor: o final (ti és quen remexes o azucre)

PASÁMOLO DE MEDO III NA BIBBLIOTECA MUNICIPAL. SAMAÍN 2010. (DIARIO DE PONTEVEDRA)

PASÁMOLO DE MEDO III NA BIBBLIOTECA MUNICIPAL. SAMAÍN 2010. (DIARIO DE AROUSA)

PASÁMOLO DE MEDO III NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. SAMAÍN 2010. (FARO DE VIGO)

BOOKCROSSING E ESPOSICIÓN DE CÓMICS. 23 DE ABRIL 2010. DÍA DO LIBRO (DIARIO DE PONTEVEDRA)

BOOKCROSSING E ESPOSICIÓN DE CÓMICS. 23 DE ABRIL DE 2010. DÍA DO LIBRO (DIARIO DE PONTEVEDRA)

RECITAL POÉTICO-MUSICAL CONXUNTAMENTE CO CPI ALFONSO VII NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. DÍA DA PAZ. 29-01-10. (DIARIO DE AROUSA)

DÚAS INICIATIVAS PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS. 27-11-09 (LA VOZ DE GALICIA)

PASÁMOLO DE MEDO! ALUMNADO DO CLUB CONTA CONTOS POLO SAMAÍN DE 2009 ÓS PEQUECHOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL (DIARIO DE PONTEVEDRA)

PASÁMOLO DE MEDO! ALUMNADO DO CLUB CONTA CONTOS ÓS PEQUECHOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL- 7-11-09 (DIARIO DE AROUSA)

ENCONTRO ENTRE OS CLUBS DE LECTURA (DO INSTITUTO E DA BIBLIOTECA MUNICIPAL) 03-06-09 (DIARIO DE PONTEVEDRA)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. 8-05-2009 (FARO DE VIGO)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.30-04-2009 (DIARIO DE PONTEVEDRA)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL (A MOCIDADE TAMÉN CONTA!). 29-04-2009 (DIARIO DE PONTEVEDRA)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. 28-042009 (FARO DE VIGO)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. 28-04-09 (DIARIO DE AROUSA)

ALUMNADO DO CLUB COMO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. 26-042009 (DIARIO DE PONTEVEDRA)

MOCHILAS VIAXEIRAS. 18 DE OUTUBRO DE 2008 (DIARIO DE PONTEVEDRA)

07/10/10

O LIBRO QUE PETOU NO MEU CORAZONCIÑO

Cóntanos cal foi ese libro que causou horas e horas de insomnio. Dinos o título, autor/a e fainos unha breve reseña!

05/10/10

FRASES E VERSOS MEMORABLES

 Déixanos unha delicatessen en forma de verso, frase e dinos o autor/a da mesma.
Animádevos!!

04/10/10

PRESENTACIÓN


Báñate no caldo de letras,
iescaldas letras,
bebe do noso caldo,
lecturas de cuncas,
dúas cuncas que miran máis aló
do que podes albiscar...
viaxa quente á profundidade do aquis
e colle a velocidade do grelo,
 a túa aventura xa comezou!

01/10/10

OLA!

Retomamos o noso blog cun novo formato e moita ilusión
Felices lecturas a todos e todas!!!